

Tufións - CEREIXO - VIMIANZO (A Coruña) Galicia (SPAIN)
Tlfs: (+34) 981 716244 (+34) 670519291 (+34) 981 592789
web: www.casaldecereixo.com
e-mail: info@casaldecereixo.com
Casal de Cereixo é unha casa de turismo rural situada en Tufións - Cereixo, privilexiado
enclave a medio camiño entre Muxía e Camariñas, na lendaria Costa da Morte
coruñesa.
Na restauración da casa, de máis de cen anos de antigüidade, empregáronse materiais
nobres como pedra e madeira; na decoración, elementos propios da artesanía local, como os
coñecidos encaixes das “palilleiras” de Camariñas e cerámica de Buño, nun intento
de xuntar o tradicional e o moderno a fin de conseguir o maior benestar para o visitante.
Dispón de 8 habitacións dobres (unha delas habilitada para minusválidos) con
baño, televisión e fío musical, amplo salón común con “lareira”,
biblioteca, teléfono e conexión a internet. Así mesmo, conta con dous apartamentos
completamente equipados. No contorno da casa atópase un hórreo, estanque de pedra con pozo,
xardín, horta e aparcamento privado.
